Desenrolado por coroa.es
A vila de Leiro rexistra un gran ambiente dende primeiras horas da mañá deste domingo 25 de Agosto, de ceos cubertos e amenaza de choiva.
A 30 edición da Festa da Vendima, co expresidente do goberno de España Mariano Rajoy como pregoneiro estelar, está resultando un gran éxito de convocatoria, coa Praza de Cruceiro e a rúa principal de Leiro cheas de público de todas as idades que non queren perderse o sempre espectácular desfile de charangas e carrozas, que representan distintas esceas do traballo e as tradicións arredor do viño no Ribeiro.
A presenza de Mariano Rajoy tamén trouxo ata Leiro a outras personalidades da política, entre as que se encontran a expresidenta do Congreso dos Deputados Ana Pastor, ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Unha vez celebrado o desfile de carrozas, as actividades concentranse dende primeira hora da tarde no parque do Salgueiral, á beira do río Avia, onde se encontra ubicado o mercado artesanal, a mostra de viños de Leiro e o gran comedor ao aire libre que acolle o xantar campestre.
A xornada complétase co Festival da Vendima do Ribeiro, a partir das oito da tarde na igrexa de San Pedro de Leiro, e actuación dun grupo musical.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-vive-festa-da-vendima-mais-multitudinaria
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-vive-festa-da-vendima-mais-multitudinaria
[3] whatsapp://send?text=Leiro vive a Festa da Vendima máis multitudinaria http://copecarballino.es/novas/leiro-vive-festa-da-vendima-mais-multitudinaria
[4] https://copecarballino.es/print/50975