Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal de Espazo Común en O Carballiño denuncia que Fumega mente ó asegurar que non é posíbel contratar persoal para o servizo de limpeza viaria e acusa ó Concello de “empregar unha táctica propia de gobernos conservadores, na que se deixa empeorar un servizo de xeito deliberado para que os cidadáns perciban que a mellor (ou única) solución é poñer o servizo en mans dunha empresa privada”.
Espazo Común salienta que, no Pleno do Concello de O Carballiño do 2 de febreiro de 2017, “aprobouse un acordo que permite que dende a alcaldía se contrate o persoal que sexa necesario para a realización e mantemento de servizos considerados esenciais”. O grupo municipal de Espazo Común engade que estos servizos quedaron definidos en dita sesión plenaria e que, entre eles, encóntrase o servizo de limpeza viaria.
O grupo municipal precisa que a deficitaria situación do servizo de limpeza xa foi denunciada públicamente por Espazo Común o 13 de xullo deste ano sen que se tomara ningún tipo de medida, e engade que “este servizo leva meses funcionando con só cinco operarios, o que resulta totalmente insuficiente e que, ademais, verase agravado en datas moi próximas cando a finalización de contratos reduza o servizo a soamente dous operarios”.
O acordo impulsado o 2 de febreiro de 2017 dende a Concellería de Persoal para, precisamente, evitar ter que caer nas privatizacións, di literalmente que:
“Este Concello poderá contratar persoal temporal ou nomear funcionarios interinos para cubrir aqueles postos cuxa cobertura considere urxente e inaprazábel e cuxo desempeño considere tamén prioritario ou que afecte ao funcionamento de servizos públicos esenciais. A posibilidade de acudir á contratación temporal de laborais ou ao nomeamento de funcionarios interinos pasa pola xustificación que o órgano competente, neste caso, o alcalde, faga da prioridade do posto ou da esencialidade do servizo que prestan ou a urxencia e necesidade de cubrir ditas prazas”.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-acusa-fumega-de-desatender-o-servizo-de-limpeza-de-xeito-deliberado-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-acusa-fumega-de-desatender-o-servizo-de-limpeza-de-xeito-deliberado-para
[3] whatsapp://send?text=Espazo Común acusa a Fumega de desatender o servizo de limpeza de xeito deliberado para xustificar a súa privatización http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-acusa-fumega-de-desatender-o-servizo-de-limpeza-de-xeito-deliberado-para
[4] https://copecarballino.es/print/51127