Desenrolado por coroa.es
O concello de Beariz asinou previamente un convenio de cesión por parte do Bispado, e agora, cun orzamento de 150.000 euros aportados pola Xunta de Galicia, vai permitir financiar a obra de rehabilitación, que xa está licittada e ten un prazo de execución de seis meses.
O alcalde bearicense, Manuel Prado, comentou en COPE O Carballiño que "a idea do concello dende fai tempo era dotar á capitalidade municipal dun centro social amplo" no que se poidan desenvolver todo tipo de actividades por parte da veciñanza.
A propiedade está situada na rúa principal de Beariz, fronte á Residencia de Maiores e preto da casa do concello, e á beira dun parque infantil "nunha contorna que tamén queremos acondicionar", subliñou o rexedor municipal.
Doutra parte, Prado tamén confirmou a licitación da obra de mellora na rúa Benito Táboas, na propia vila de Beariz, onde se ubica a Casa-Cuartel da Garda Civil, cun orzamento de 50.000 euros. Fundamentalmente, consistirá na reposición do firme da calzada, que está moi deteriorado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro
[3] whatsapp://send?text=O concello acomete a rehabilitación da antiga rectoral de Beariz para convertela en centro social. A obra conta cun orzamento de 150.000 euros. http://copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro
[4] https://copecarballino.es/print/51145