Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro volveu mostrar a súa solvencia defensiva ante o Fabril Deportivo, e suma o seu terceiro empate consecutivo neste inicio de liga, repetindo o marcador de 0-0 da pasada xornada en Carballo.
Ante un visitante de luxo en Espiñedo, que decepcionou a moitos, os verdes deron a talla en defensa e poideron marcar nalgunha das ocasións das que gozaron no transcurso do partido. Unha mágoa.
Na primeira autonómica, o Sporting debutou na categoria con derrota no campo de Eiroás, nun partido no que a AD Covadonga venceu por dous goles a cero.
Pola súa parte, Ourense CF B e Maside ofreceron un recital de goles no campo de Oira, cun total de oito goles que se repartiron a partes iguais, deixando un 4-4 final no marcador que outorga aos masidaos o primeiro punto da tempada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-suma-outro-empate-o-sporting-debuta-con-derrota-en-1a-autonomica-e-o-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-suma-outro-empate-o-sporting-debuta-con-derrota-en-1a-autonomica-e-o-maside
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro suma outro empate. O Sporting debuta con derrota en 1ª autonómica e o Maside regresa cun punto da súa visita a Oira http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-suma-outro-empate-o-sporting-debuta-con-derrota-en-1a-autonomica-e-o-maside
[4] https://copecarballino.es/print/51161