Desenrolado por coroa.es
Despois de escoitar ao voceiro do PP masidao aburrindo aos caracoles, tentando xustificar o absurdo pleno velutínico mesturado co das pintadas (hai que lembrarlle que a igrexa non é propiedade do Concello, e que aínda que a Dirección Xeral de Patrimonio lle pide ao concello que supervise os traballos de restauración, é o Obispado quen encargou e xestionou os traballos, pero menos mal que non volveu a repetir a ocorrencia de que o concello pague o 66 ou máis).
Como digo, despois de aburrir ata aos caracoles, tivo unha xenial idea. O panfleto quincenal ou mensual do PP. E pide colaboración de toda a veciñanza. Pois como bo veciño que penso que sou, propóñolle unha boa temática para ese primeiro número, porque todos os masidaos podemos velo.
O caso é que unha das concelleiras do PP está ocupando en casi a súa totalidade un xardín público para a súa explotación hosteleira. Sería muy conveniente que aclarasen nese panfleto se existe algún tipo de concesión administrativa por parte do concello, ou tan só se trata dun ilícito urbanístico (hay plantada aí unha estructura que invade o chan público todo o ano impedindo o uso e disfrute dese parque aos veciños que non queiran consumir).
Pola outra banda, e aínda que xa non está na política activa, o anterior candidato do PP ocupa coa súa terraza a casi totalidade dunha vía de dominio público impedindo o tránsito rodado.
Sería conveniente que aclarasen no seu primeiro número do pasquín todos estes ilícitos. E se consideran que este é un exemplo a seguir para o resto dos masidaos ou unha prerrogativa exclusiva do ADN pepero, inspirada na dona de baltar que gozou varios anos dunha terraza espectacular no centro de Ourense por un euro anual.
Agardando a concreción desa brillante idea e desexando ser de utilidade neste ilusionante proxecto, prometo aportar documentación fotográfica destas cuestións que sorprenden a tololos masidaos, tanto pola jeta dos do PP, como pola desvergonza do concello. E se non se animan a sacalas no panfleto haberá que sacalas na prensa.
Por certo, ben feito en retirar as botellas de plástico postas por esa numerosa asociación antivelutínica: O candidato, o maiordomo, e quizáis algún que outro mariachi. Dúas semanas máis e as encho de pegatinas do PP xa que ni tan siquera fóstedes capaces de repoñelas de líquido azucarado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/agardando-o-panfleto-quincenal-do-pp-de-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/agardando-o-panfleto-quincenal-do-pp-de-maside
[3] whatsapp://send?text=Agardando o panfleto quincenal do PP de Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/agardando-o-panfleto-quincenal-do-pp-de-maside
[4] https://copecarballino.es/print/51251