Desenrolado por coroa.es
Hoxe, 28 de outubro de 2019, o voceiro do PP volve á carga pra agasallarnos con outra nefasta e vergonzante intervención. Ademáis de ler un escrito sen pes nin cabeza no que abondan numerosos disparates, como o de que o PP convoca un Pleno extraordinario (O PP solicita en base á lei a celebración dun Pleno extraordinario, que convoca o alcalde que é quen ten potestade pra elo), pra loitar contra as velutinas, cando a competencia é de Medio Rural, e pra que se arranxen as pintadas da igrexa, cando o propietario é o Obispado. Ademáis de decir sen ningún fundamento xurídico que o Pleno non pode incluir un punto de urxencia no Orde do día, previa deliberación , no que se someta a votación a necesidade de enviar un escrito a Medio Rural, no que se solicita que sexa más dilixente na solución dun problema que é a súa competencia, máxime cando ata o voceiro do PP recoñece a nefasta xestión de Medio Rural...
Non contento con isto... Carga contra o alcalde cuestionando a súa vida profesional como arquitecto.
Quizaís habería que cuestionar a profesionalidade do voceiro da oposición. Habería que cuestionarse que en horario laboral un funcionario dunha administración pública ocupe un espazo radiofónico, pra decir disparates, pra convertir a política nun circo, e pra cuestionar a vida profesional dun veciño de Maside. E que o faga con tanta frecuencia, e cun baxísimo umbral do sentido do ridículo. Habería que cuestionarse se os cartos do contribuintes deben servir pra soster charlatáns con moi pouca dignidade e escaso respecto polas actividades profesionais dos demáis. Charlatáns con escaso ou nulo rigor.
Se o voceiro do PP quere facer algo de utilidade pra Maside, recoméndolle que se informe e que lea esto http://www.ppou.es/Blog/contenido/127/Casimiro_Campo_consegue_que_a_Xunt... [5]
E tamén isto, porque os veciños reclaman ao PP que cumpla as súas promesas electorais, e que non teña UNHA PROFUNDA AMNESIA, COMO DÍRÍA O DO CARBALLIÑO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maside/2016/05/29/maside-s... [6]
En definitiva, se o PP quere facer algo de utilidade pra Maside, que se deixe de cuestionar a vida profesional dos veciños de Maside, e que teña a dignidade suficiente pra que cando veñan os conselleiros, consorcios de demás "correveydiles" da propaganda Feijóo, fagan algo máis que vender fume.
Porque ano tras ano, o PP non inclue nos orzamentos unha dotación presupuestaria pra facer fronte a unha problemática que clama ó ceo, cuxo proxecto xa está aprobado e comprometido, tan só fan falta os cartos. E todo isto malia que Feijóo dende a súa chegada case que triplicou a débeda pública de Galicia. https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana-comunidades-autonomas/galicia [7]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/lamentable-e-vergonzante-intervencion-do-voceiro-do-partido-popular-de-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/lamentable-e-vergonzante-intervencion-do-voceiro-do-partido-popular-de-maside
[3] whatsapp://send?text=Lamentable e vergonzante intervención do voceiro do
[4] https://copecarballino.es/print/51862
[5] http://www.ppou.es/Blog/contenido/127/Casimiro_Campo_consegue_que_a_Xunta_invista_en_Maside_4_millons_de_euros_para_erradicar_o_chavolismo
[6] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maside/2016/05/29/maside-sigue-esperando-promesa-xunta/0003_201605O29C3992.htm
[7] https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana-comunidades-autonomas/galicia