Desenrolado por coroa.es
A Calistenia é unha modalidade deportiva baseada no exercicio físico co propio peso corporal e os circuítos consisten nunha sucesión de aparellos instalados ao aire libre que permiten a realización de numerosos exercicios musculares.
Os destinatarios destes circuítos de calistenia son persoas de idades comprendidas entre os 16 e os 65 anos que realizan actividade deportiva ao aire libre, motivo polo cal os catro circuítos instálanse en lugares nos que os veciños e visitantes concentran a realización de actividades deportivas en contacto coa natureza.
No Carballiño a localización elixida é As Barcias, dentro do Parque Municipal. En Ribadavia o Parque da Veronza, en Boborás a contorna do pavillón deportivo e en Leiro a zona de Ou Mexieiro, no Paseo Fluvial.
Por todas estas localizacións discorre tamén algunha dos roteiros de sendeirismo da mancomunidade, mesmo dúas delas, a de Ribadavia e Leiro están conectadas a través da senda do Avia, co cal se pretende que esta acción enriqueza aínda máis, se cabe, a experiencia dos senderistas e termalistas da comarca.
Segundo o presidente da mancomunidade e Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, esta acción pretende reforzar o produto de turismo de saúde e termalismo do Xeodestino mediante unha oferta que vai máis aló do seu recurso principal, o termalismo, ofrecendo un aproveitamento activo e deportivo da contorna natural.
O orzamento de execución total dos catro circuítos é de 40.000 euros e para iso a mancomunidade conta con financiamento de Axénciaa Turismo de Galicia, coa que subscribiu un convenio de colaboración específico.
A adxudicataria do concurso para a instalación dos catro circuítos é a empresa especializada en instalacións deportivas e de lecer OURI con sede en Ourense e Boiro.
As catro instalacións estarán finalizadas e operativas a mediados do mes de decembro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-turistica-impulsa-creacion-de-catro-circuitos-de-calistenia-que-estaran
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-turistica-impulsa-creacion-de-catro-circuitos-de-calistenia-que-estaran
[3] whatsapp://send?text=A Mancomunidade turística impulsa a creación de catro circuítos de
[4] https://copecarballino.es/print/52282