Desenrolado por coroa.es
Serán arredor de 24 clubes os que se esperan participen no III Torneo de Reis de Fútbol Sala, que organiza o Club GRI Carballiño FS, e que foi presentado pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda; o polo presidente e coordinador do club GRI Carballiño Fútbol Sala, José Manuel Vázquez Rodríguez e Juan Carlos Crespo Fraiz, respectivamente.
O torneo disputarase os días 3 e 4 de xaneiro nas dúas pistas do pavillón de deportes Paco Chao, cun horario continuo que irá desde as 09,00 ás 21,00 h. E no mesmo poden participar equipos masculinos nas categorías de prebenxamín, benxamìn, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
A inscrición, que é gratuita, pode realizarse ata o 30 de decembro na páxina web futbolsalacarballino@gmail.com [5] ou no propio pavillón de deportes e redes sociais do club de fútbol sala.
Silvia Baranda explicou que, ainda que no cartel pon que é a segunda edición, en realidade é a terceira, porque anteriormente tamén se celebrou o torneo de Nadal. E dixo que a concellería de Deportes sempre ía apoiar este tipo de iniciativas de promoción do deporte base, e que espera que o torneo sexa un éxito de participación de equipos e público, como nas pasadas edicións.
José Manuel Vázquez recordou que este torneo é masculino porque o feminino se disputa en Semana Santa ante a imposibilidade de albergar tantos partidos en só dúas pistas e en tan pouco tempo. E tamén dixo que se espera a participación dos clubes da provincia de Ourense que compiten actualmente nestas categorías, así como de Pontevedra, Lugo e Santiago. E que nesta edición non haberá participación portuguesa porque, ainda que foron invitados, non poden desplazarse nesas datas.
Juan Carlos Crespo reiterou a importancia deste torneo para O Carballiño e invitou aos clubs a inscribir os diferentes equipos nas categorías incluidas no torneo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-o-torneo-de-reis-de-futbol-sala-para-todas-categorias-dende-prebenxamin
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-o-torneo-de-reis-de-futbol-sala-para-todas-categorias-dende-prebenxamin
[3] whatsapp://send?text=Aberta a inscrición para o Torneo de Reis de Fútbol Sala para todas as categorias, dende prebenxamín ata xuveníl http://copecarballino.es/novas/aberta-inscricion-para-o-torneo-de-reis-de-futbol-sala-para-todas-categorias-dende-prebenxamin
[4] https://copecarballino.es/print/52313
[5] mailto:futbolsalacarballino@gmail.com