Desenrolado por coroa.es
O líder non deu opción e mostrou a súa solvencia ante un Arenteiro que estivo por debaixo do seu nivel dos últimos partidos e non pudo contrarrestar as acometidas dun Compostela que, ademáis, aproveitouse dun regalo defensivo dos verdes aos 18 minutos para marcar o seu primeiro gol da tarde e xogar co vento a favor no Vero Boquete de San Lazaro.
Saíu o Arenteiro co seu debuxo habitual, esperando aguantar ben armado atrás e facer rápidas transicións para tratar de xogar as súas bazas, pero desta vez a estratexia non obtivo resultado positivo, e moito tivo que ver nelo a calidade fútboliística que atesoura este Compos, como demostrou na segunda parte primeiro con Brais Abelenda e despóis Gabri Palmás para marcar outros dous goles de bela factura e proclamarse campión de inverno ante o seu público.
Ao Arenteiro tócalle pensar no partido deste próximo mércores dia 15 (21 horas) no campo do Somozas, que fora aprazado polo temporal do 21 de Decembro, e no do próximo domingo, que será xa o primeiro da segunda volta en Calabagueiros ante os valdeorreses do Centro de Deportes Barco.
Crónica do partido en "El Correo Gallego": https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/aliron-invierno/idEdicion-2020-01-13/idNoticia-1223502/ [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/calidade-do-compos-bastalle-para-ganar-ao-arenteiro-3-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/calidade-do-compos-bastalle-para-ganar-ao-arenteiro-3-0
[3] whatsapp://send?text=A calidade do Compos bástalle para gañar ao Arenteiro 3-0. http://copecarballino.es/novas/calidade-do-compos-bastalle-para-ganar-ao-arenteiro-3-0
[4] https://copecarballino.es/print/52621
[5] https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/aliron-invierno/idEdicion-2020-01-13/idNoticia-1223502/