Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño perdeu 58 autónomos o último ano. As afiliacións á Seguridade Social baixan en Maside, Cea, Beariz e O Carballiño, e suben en Piñor, Boboràs, O Irixo e San Amaro.

16, Xaneiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Son datos que se correponden á evolución de afiliacións á Seguridade Social durante o ano 2019, e dos que se desprende que a comarca do Carballiño mantén practicamente inalterable o seu número de afiliacións no transcurso do últimoa ano, aínda que o balance é desigual según os concellos.

Asi, no Carballiño sube o numero de afiliados no sector da industria (+30) e mantense no do fogar e agrario, pero desplómase entre os autónomos (-58) o que da un balance negativo de 26 afiliados menos.

Tamén baixas as afiliacións en San Cristovo de Cea (-14) Maside (-9) e Beariz (-9).

Pola contra, a sorpresa positiva é que no cómputo do ano 2019 aumentaron as afiliacións á Seguridade Social en catro concellos, no de PIñor (+25), Boborás (+17) O irixo (+6) e San Amaro (+5).

Finalmente, no de Punxín a cifra permanece inalterable, e ten o mesmo número de afiliados que fai un ano atrás.

Cos últimos datos actualizados, a Comarca do Carballiño conta con 6.386 afiliacións á Seguridade Social, das que 4.229 corresponden ao municipio do Carballiño

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-carballino-perdeu-58-autonomos-o-ultimo-ano-afiliacions-seguridade-social-baixan-en-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perdeu-58-autonomos-o-ultimo-ano-afiliacions-seguridade-social-baixan-en-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perdeu-58-autonomos-o-ultimo-ano-afiliacions-seguridade-social-baixan-en-maside [3] whatsapp://send?text=O Carballiño perdeu 58 autónomos o último ano. As afiliacións á Seguridade Social baixan en Maside, Cea, Beariz e O Carballiño, e suben en Piñor, Boboràs, O Irixo e San Amaro. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-perdeu-58-autonomos-o-ultimo-ano-afiliacions-seguridade-social-baixan-en-maside [4] https://copecarballino.es/print/52642