Desenrolado por coroa.es
O suceso, que causou abatimento entre a veciñanza, tivo lugar ás duas da tarde deste venres, na estrada de acceso á aldea da Touza, no municipio de Maside.
Unha furgoneta, ao parecer realizando unha manobra de marcha atrás, atropelou a unha muller, Carmen F.B., de 83 anos de idade e veciña desta localidade.
Tras recibirse a chamada na que se daba conta do accidente, o 112 mobilizou aos servizos de urxencia sanitaria 061, que non poideron facer xa máis nada que certificar a morte da muller. Tamén foron alertados os bombeiros do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.
A falecida veláse no velorio municipal de Maside ata as cinco da tarde deste domingo dia 19 de Xaneiro, cando será a condución para o funeral na igrexa parroquial de San Miguel de Armeses.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/consternacion-na-touza-polo-atropelo-mortal-do-que-foi-vitima-unha-vecina-da-localidade
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/consternacion-na-touza-polo-atropelo-mortal-do-que-foi-vitima-unha-vecina-da-localidade
[3] whatsapp://send?text=Consternación na Touza polo atropelo mortal do que foi vítima unha veciña da localidade http://copecarballino.es/novas/consternacion-na-touza-polo-atropelo-mortal-do-que-foi-vitima-unha-vecina-da-localidade
[4] https://copecarballino.es/print/52655