Desenrolado por coroa.es
Se houbese que xogar a un fixo na quiniela, sen dúbida que a maioria apostaría por un empate neste partido entre Arenteiro e UD Ourense e houbesen acertado, xa que os verdes sumaron o empate numero 13 do campionato, con algo de fortuna da súa parte.
E esto porque as únicas ocasións de gol claras do partido foron dos unionistas, pero enviaron o balón, na primeira ao poste e na segunda ao longueiro, cando os afeccionados visitantes cantaban o o gol na bancada, ambas na segunda parte.
Antes, nos primeiros 45 minutos chegaron os dous goles, por certo, nos dous únicos tiros reseñables entre os tres paus. O primeiro en golpear foi o Arenteiro por mediación do defensa Fajardo, e empatou a UD Ourense de libre directo por medio de Hugo García enviando un balón a media altura da portería do debutante Borja, que se quedou inmóvil.
Ambos equipos reeditaron practicamente o partido tostón da primeira volta no Couto, de escasa proposta futbolística por ambas partes, e que resultou bastante decepcionante para o público.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614899&cod_acta=614899 [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/empate-e-grazas-do-arenteiro-ante-ud-ourense-en-espinedo-1-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/empate-e-grazas-do-arenteiro-ante-ud-ourense-en-espinedo-1-1
[3] whatsapp://send?text=Empate, e grazas, do Arenteiro ante a UD Ourense en Espiñedo, 1-1. http://copecarballino.es/novas/empate-e-grazas-do-arenteiro-ante-ud-ourense-en-espinedo-1-1
[4] https://copecarballino.es/print/53039
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614899&cod_acta=614899