Desenrolado por coroa.es
O Consello da Xunta celebrado este xoves dia 27 de Febreiro ven de aprobar a declaración de "Festa de Interese Turistico Galego" para a Festa da Vendima de Leiro.
Este acontecemento festivo celébrase o derradeiro domingo de Agosto nesta vila ribeirán, e a súa singularidade radica no desfile de carrozas, con motivos aos traballos nas viñas e as adegas do ribeiro, e todo aquelo que ten relación co mundo do viño, un dos motores económicos da comarca ribeirán.
Esta declaración como "Festa de Interese Turístico Galego" vai permitirlle ao concello de Leiro o acceso a mellores subvencións para promover este evento, asi como unha mellor difusión nas guias festivas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-declara-de-interese-turistico-galego-festa-da-vendima-de-leiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-declara-de-interese-turistico-galego-festa-da-vendima-de-leiro
[3] whatsapp://send?text=A Xunta declara de
[4] https://copecarballino.es/print/53081