Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Mapa de risco epidémico do coronavirus na Comarca, según un modelo matemático: Punxín, o máis alto, e Beariz o máis baixo

14, Marzo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Investigadores da Universitat Rovira i Virgili ( URV) e a Universidade de Zaragoza ( Unizar) retomaron a actualización do mapa de risco epidémico por COVID-19 que desenvolveron conxuntamente e lograron estender as predicións a catro días vista, no ámbito local.

Este mapa de risco é o resultado dun modelo matemático que contén os datos de mobilidade e o censo dos municipios de España, así como a dinámica dos contaxios producida por SARS- CoV-2.

O modelo calcula as probabilidades de contaxio en cada municipio en función dos parámetros epidémicos coñecidos para este virus e a mobilidade interurbana da poboación activa, permitindo extrapolar a varios días para monitorar a evolución deste risco.

Como resultado deste modelo, e no que respecta ao noso ámbito comarcal, vemos que o concello con máis alto risco é o de Punxín, seguido e pola seguinte órde e de máis a menos por Maside, San Cristovo de Cea, O Carballiño, Leiro, San Amaro, O Irixo, Boborás, Piñor, Avión e por último, o concello con risco máis baixo, Beariz.

Para ver o mapa sigue a seguinte ligazón: https://deim.urv.cat/~alephsys/COVID-19/spain/es/index.html [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/mapa-de-risco-epidemico-do-coronavirus-na-comarca-segun-un-modelo-matematico-punxin-o-mais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mapa-de-risco-epidemico-do-coronavirus-na-comarca-segun-un-modelo-matematico-punxin-o-mais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mapa-de-risco-epidemico-do-coronavirus-na-comarca-segun-un-modelo-matematico-punxin-o-mais [3] whatsapp://send?text=Mapa de risco epidémico do coronavirus na Comarca, según un modelo matemático: Punxín, o máis alto, e Beariz o máis baixo http://copecarballino.es/novas/mapa-de-risco-epidemico-do-coronavirus-na-comarca-segun-un-modelo-matematico-punxin-o-mais [4] https://copecarballino.es/print/53243 [5] https://deim.urv.cat/~alephsys/COVID-19/spain/es/index.html