Desenrolado por coroa.es
O concello de Boborás anunciou esta mañá, mediante un Bando da alcaldesa Patricia Torres, que con motivo da situación de contención reforzada de Estado de Alerta para previr o contaxio polo COVID 19, e coa finalidade de colaborar coas persoas maiores ou máis vulnerables pon en marcha un servizo municipal.
O mesmo consistirá en atender a demanda das persoas que necesiten medicamentos e alimentos e non poidan desplazarse, neste caso deberán contactar co teléfono 667 552 726
Protección Civil de Boborás será a encargada de facer este servizo e atender calquera necesidade da veciñanza de Boborás.
Tamén o concello do Irixo xa ten en marcha un servizo de atención domiciliaria, que pode solicitarse no teléfono 988 287400
Pola súa parte, o alcalde de Maside José Manuel Iglesias, confirmou que o concello tamén organiza un servizo destas mesmas características para os veciños e vecñas do municipio que o precisen, este martes publicaráse un bando da alcadía de Maside que informará máis ao detalle da posta en marcha deste servizo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/boboras-o-irixo-e-maside-ponen-en-marcha-un-servizo-municipal-para-atender-necesidades-basicas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/boboras-o-irixo-e-maside-ponen-en-marcha-un-servizo-municipal-para-atender-necesidades-basicas
[3] whatsapp://send?text=Boborás, O Irixo e Maside poñen en marcha un servizo municipal para atender as necesidades básicas das persoas maiores http://copecarballino.es/novas/boboras-o-irixo-e-maside-ponen-en-marcha-un-servizo-municipal-para-atender-necesidades-basicas
[4] https://copecarballino.es/print/53255