Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > En marcha o blog ‘A escola infantil na casa’ para achegar actividades aos máis pequenos durante o confinamento

1, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Galicia pon en marcha o blog A escola infantil na casa que achega contidos e actividades ás familias con nenas e nenos máis pequenos. Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento.

A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.

Calquera familia pode acceder a este blog creado pola Consellería de Política Social. Polo tanto, ten un dobre obxectivo, ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta de Galicia.

O blog A escola infantil na casa contará cun banco de recursos divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartindo estratexias cos equipos. Desta maneira, segundo as necesidades e interese do momento poderase botar man de diferentes ferramentas. Ademais, tamén terá unha canle de Youtube, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través dun vídeo explicativo

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/en-marcha-o-blog-escola-infantil-na-casa-para-achegar-actividades-aos-mais-pequenos-durante-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/en-marcha-o-blog-escola-infantil-na-casa-para-achegar-actividades-aos-mais-pequenos-durante-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/en-marcha-o-blog-escola-infantil-na-casa-para-achegar-actividades-aos-mais-pequenos-durante-o [3] whatsapp://send?text=En marcha o blog ‘A escola infantil na casa’ para achegar actividades aos máis pequenos durante o confinamento http://copecarballino.es/novas/en-marcha-o-blog-escola-infantil-na-casa-para-achegar-actividades-aos-mais-pequenos-durante-o [4] https://copecarballino.es/print/53424