Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A comarca perde 185 afiliados, deles 137 no Carballiño, á Seguridade Social durante a primeira quincena do estado de alarma

16, Abril 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os datos correspóndense ao 31 de Marzo, e polo tanto xa reflicten os efectos da primeira quincena do estado de alarma na evolución da afiliación á Seguridade Social na comarca do Carballiño.

O concello do Carballiño perde durante os primeiros quince dias da crise un total de 137 cotizantes á Seguridade Social, 127 no rexime xeral e 10 no rexime de autónomos.

Tamén perde afiliados o concello de Piñor (-27) a pesar do incremento de producción nas fábricas de ataudes, e tamén descendes os traballadores activos en Maside (-12) San Cristovo de Cea (-6) San Amaro (-4) O irixo (-2) Boborás (-1) e Beariz (-1).

A única excepción é a do municipio de Punxín, no que se rexistra un incremento de 5 afiliacións.

Se facemos a comparativa interanual, entre Marzo de 2019 a Marzo de 2020, a caída e de 390 afiliados no conxunto da comarca,  a maioria no concello do Carballiño (-329) o que representa un descenso de case un 8% na capitalidade comarcal no tracurso do último ano.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/comarca-perde-185-afiliados-deles-137-no-carballino-seguridade-social-durante-primeira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-perde-185-afiliados-deles-137-no-carballino-seguridade-social-durante-primeira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-perde-185-afiliados-deles-137-no-carballino-seguridade-social-durante-primeira [3] whatsapp://send?text=A comarca perde 185 afiliados, deles 137 no Carballiño, á Seguridade Social durante a primeira quincena do estado de alarma http://copecarballino.es/novas/comarca-perde-185-afiliados-deles-137-no-carballino-seguridade-social-durante-primeira [4] https://copecarballino.es/print/53547