Desenrolado por coroa.es
En Punxín ningunha persoa maior non recorda que tivese que suspenderse a celebración como acontece este ano debido a alerta sanitaria polo coronavirus, tampouco existen datos documentados sobre este precedente.
O "Santo Wintila" como popularmente é coñecido entre os seus devotos en realidade non figura no santoral da igrexa católica, nunca foi canonizado, pero celébrase como se fose e por mandato e tradición popular no lúns seguinte ao da Pascua, e dende tempo inmemorial.
Según a tradición popular Wintila tería chegado ás terras de Punxín procedente do centro de Europa, pasando os seus últimos anos de vida como anacoreta nun dos montes próximos a Punxín, a súa morte está datada no ano 980, segundo o sarcófago prerrománico que garda as súas cinzas, que podemos ver no interior da igrexa parroquial de Stª María de Punxín, a onde se trasladou no ano 1920 xa que antigamente estivo nunha capela á beira da propia igrexa parroquial.
Este ano non haberá celebracións na igrexa parroquial, non obstante -asi estaba fixado no calendario laboral- seguirá sendo dia festivo de carácter local no municipio de Punxín. Eso si, un dia do Santo Wintila como nunca antes se recorda.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/punxin-quedase-este-luns-sen-celebracion-popular-do-santo-wintila-ainda-que-se-manten-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/punxin-quedase-este-luns-sen-celebracion-popular-do-santo-wintila-ainda-que-se-manten-o
[3] whatsapp://send?text=Punxín quédase este lúns sen a celebración popular do Santo Wintila, aínda que se mantén o festivo de carácter local http://copecarballino.es/novas/punxin-quedase-este-luns-sen-celebracion-popular-do-santo-wintila-ainda-que-se-manten-o
[4] https://copecarballino.es/print/53572