Desenrolado por coroa.es
Eu nunca fun nin de pachi nin de ninguén, fun do sentido común, ou polo menos do que eu entendo por sentido común, e pra mín a actuación de Espazo é axeitada. É agora cando estamos a tempo, cando hai que facer as críticas constructivas á dubidable xestión do Concello, na que tan só vexo afán de protagonismo dos concelleiros Diego e Dacal, moitas veces poñendo en risco a seguridade das persoas ás que visitan.
Pra o rollo ese de non é o momento, xa temos ao Goberno de España, que emprega a Guardia Civil pra mininmizar as críticas convertíndoa nunha especie de Gestapo ao servizo dos socialistas e dos comunistas de Podemos. Así quizáis non nos enteramos de que mercaron por dúas veces test falsos ao triple do seu valor de mercado, e unha empresa intermediaria fixo o agosto. Quizáis así non nos enteremos de que repartiron entre os sanitarios mascarillas fake a sabiendas de que eran fake, que somos o país con maior taxa de mortandade por millón de habitantes, ETC...
Os de Espazo foron os primeiros en plantexar que se adicasen uns cartos pra loitar contra a depresión económica que se aveciña, e agora o goberno municipal quere mantelos fora pra levarse as medallas coa coperación do PP. A oposición está pra facer oposición, e cando esta é constructiva mellor. E neste caso penso que é absolutamente constructiva e axeitada.
Eu votaba os populares pero se Espazo Común segue nesta liña, contade co meu voto e algúns máis.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-acaba-de-ganar-o-votante-que-perdeu
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-acaba-de-ganar-o-votante-que-perdeu
[3] whatsapp://send?text=Espazo común acaba de gañar o votante que perdeu http://copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-acaba-de-ganar-o-votante-que-perdeu
[4] https://copecarballino.es/print/53602