Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballliño ven de adquirir un xerador de ozono, indicado para os labores de desinfección, co obxectivo de poñelo a disposición dos locais comerciais e hostaleiros da vila de cara á próxima apertura dos establecementos.
A compra efectuouse a través dun establecemento do Carballño que ten a representación e o servizo técnico deste aparato, e que polo tanto pode prestar este servizo con carácter inmediato no caso de que se produza calquera tipo de avería.
O concello establecerá un baremo de cesión para poder atender as peticións que se realicen por parte dos establecementos.
Esta adquisición forma parte dunha serie de iniciativas que está a tomar o concello de apoio ao comercio e á hostalería locais, e que se sumarán a outras de cara a dinamizar a economía local cando se permita a apertura dos negocios.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pon-disposicion-de-comercio-e-hostalaria-un-xerador-de-ozono-para-desinfeccion-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pon-disposicion-de-comercio-e-hostalaria-un-xerador-de-ozono-para-desinfeccion-de
[3] whatsapp://send?text=O concello pon a disposición de comercio e hostalaría un xerador de ozono para a desinfección de locais http://copecarballino.es/novas/o-concello-pon-disposicion-de-comercio-e-hostalaria-un-xerador-de-ozono-para-desinfeccion-de
[4] https://copecarballino.es/print/53651