Desenrolado por coroa.es
Un veciño de Maside denunciou ante a Garda Civil o roubo de tres galiñas, nuha finca da súa propiedade, ademáis da desaparición das galiñas tamén botou en falta unha caixa de viño, unha machada e un xerador eléctrico.
Doutra parte, a Arturo G.N. roubáronlle catro vacas e un touro dunha explotación gandeira da que é o seu propietario, na denuncia que presentou ante a Garda Civil fixo constar que non conta con poliza de seguro de roubo e valorou os animais roubados en 6.000 euros.
Para acceder á explotación gandeira cortaron o candado da porta e para levarse o gando o autor ou autores do roubo supónse que utilizaron un camión.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-galinas-en-maside-e-vacas-e-un-touro-en-avion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-galinas-en-maside-e-vacas-e-un-touro-en-avion
[3] whatsapp://send?text=Rouban galiñas en Maside e vacas e un touro en Avión. http://copecarballino.es/novas/rouban-galinas-en-maside-e-vacas-e-un-touro-en-avion
[4] https://copecarballino.es/print/53681