Desenrolado por coroa.es
Aínda que non todos abriron, O Carballiño amenceu nesta mañá de lúns dia 11 de Maio coas primeiras terrazas abertas neste primeiro dia da fase 1 da desescalada.
Moitos -a maioria- optaron por esperar, pero sí que o fixeron un número bastante representativo da zona centro da hostalaría carballiñesa, na rúa do Paseo , na zona típica do terraceo no Carballiño. Tamén fora da rúa do paseo abriron algunhas terrazas, como en Julio Rguez Soto, Conde Vallellano, ou Avda. 25 de Xullo, entre outras.
A temperatura agradable, e algunhos momentos de sol, animaron aos máis madrugadores en sentarse á mesa para tomar un café ou o primeiro viiño en terraza, despóis de dous meses.
Non hai límite de horario, pero sí normas que cumprir: mesas a dous metros de distancia mínima, e consumición individual, aínda que poden compartir mesa ou agrupación de mesas ata un total de 10 persoas. Eso si, para entrar no baño, de un en un.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recobra-vida-coa-apertura-de-terrazas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recobra-vida-coa-apertura-de-terrazas
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño recobra vida coa apertura de terrazas http://copecarballino.es/novas/o-carballino-recobra-vida-coa-apertura-de-terrazas
[4] https://copecarballino.es/print/53701