Desenrolado por coroa.es
Vendo a retransmisión do pleno de onte do concello do Carballiño, a verdade que o pleno “telemático” por chamarlle dalgunha maneira foi bastante ridículo:
Primeiro que a conexión do concello fallaba cada dos por tres coma unha escopeta de feira e iso que o concello paga unha barbaridade de cartos en telefonía, e tendo informático e técnico de són.
Despois unha parte dos concelleiros do PSOE, os que non estaban presentes no pleno (Dacal, Silvia, Lupe e Rogelio), resulta que estaban metidos en pandilla no despacho do alcalde.
E xa o colmo foi o desfile dos concelleiros de Espazo Común intercambiando asento e entrando e saíndo do pleno, (primeiro Adolfo despois Pachi e por último Erika) que estiveron a tirar de banquillo (coma si isto fora una conga), sen ter o concello un protocolo de desinfección con persoal de limpeza durante o pleno entre intervención e intervención e nin eles solicitalo.
Ao final só 3 do PP estaban dende as súas casas e Rita Soto dende o seu traballo.
O pleno puido ser perfectamente un foco de contaxio tanto no salón de plenos como en todas as dependencias. Por favor deben de dar exemplo, porque vaia exemplos lles están dando a veciñanza.
Como lle podemos dicir aos traballadores do concello e a poboación en xeral que o futuro e a conciliación pasa por implementar e acostumarnos ao teletraballo, cando os que teñen que dar exemplo non son capaces de poñelo en práctica, e non será por falta de recursos, porque aquí cos cartos de todos para outras cousas ben que se gastan.
Un concello de uns 15.000 habitantes coma o do Carballiño non pode dar unha imaxe tercer mundista xa non so nisto senón que en demasiadas cousas.
Tomen nota para o seguinte pleno... e nestes tempos que estamos a vivir polo visto cada vez mais escasean os políticos responsables e cualificados.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-circo-telematico-do-concello-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-circo-telematico-do-concello-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=O circo telemático do concello do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/o-circo-telematico-do-concello-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/53712