Desenrolado por coroa.es
José Francisco González Ferreiro "Chiquilín" e "Chiqui" para os seus amigos, faleceu este sábado no CHUO, onde ingresou fai unhos dias despóis dun empeoramento da enfermidade.
Sen dúbida, o traballador municipal en activo máis popular, querido e respectado do concello do Carballiño, dende que a principios da década dos anos oitenta do século pasado tomara o relevo do seu pai como varredor municipal.
"Xa perdín a memoría de cantos alcaldes tiven" dixo na súa última entrevista en COPE O Carballiño", e é que non era doado levar a conta, estivo con Argimiro Marnotes Rodríguez, José Luis García, Marquina, Pachi Vázquez, Carlos Montes, Argimiro Marnotes Fernández, e Francisco Fumega.
Durante case corenta anos era o primeiro traballador en iniciar a súa xornada laboral, que remataba sen mirar o reloxio, e asi ata que fai tres anos tivo que coller a baixa laboral obrigado pola enfermidade, no mes de outubro do ano pasado pedíu a alta voluntaria para incorporarse novamente ao seu posto de traballo no concello do Carballiño, onde continuou ata que a saúde llo permitíu.
"Chiquilín" era un deses traballadores que calquera empresario gustaríalle ter na súa empresa, responsable, bo compañeiro, entusiasta no seu traballo, para él o máis importante era que as rúas do Carballiño lucisen limpas, ver a "Chiqui" a primeira hora da mañá transmitía ánimo, vitalidade, optimismo, alegría.
O Carballiño vaite botar de menos "Chiqui". Descanse en Paz.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perde-chiquilin-vecino-e-traballador-municipal-exemplar-durante-40-anos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-perde-chiquilin-vecino-e-traballador-municipal-exemplar-durante-40-anos
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño perde a
[4] https://copecarballino.es/print/53817