Desenrolado por coroa.es
Tras a incorporación da totalidade do persoal municipal aos seus postos de traballo presenciais, según comunica o concello do Carballiño, e en cumprimento da normativa de seguridade e prevención polo covid-19, o concello instaura o sistema de cita previa telefónica como modelo obrigatorio para poder realizar calquera xestión municipal, agás no que respecta ao Rexistro ou á Policía Local, se ben neste último caso, sempre que se poda, é aconsellable facelo por teléfono.
Nos próximos días tamén se poderá solicitar cita previa telemáticamente, a través da páxina web do concello, que se anunciará cando o sistema estea dispoñible.
Así, para calquera xestión, consulta ou entrevista cun departamento, funcionario/a ou concelleiro/a, deberase solicitar previamente a cita chamando por teléfono ao número 988 530007.
Unha vez efectuada a chamada, é preciso indicar a extensión do servizo co que se quere falar, que se fará marcando a tecla “almohadilla” e a continuación o número da extensión que corresponda, e que se facilita de modo automático.
As solicitudes deberán facerse para o horario de 09,30 a 13,30 h., de luns a venres, agás días festivos.
Para o Catastro, as citas serán de 12,00 a 13,30 h., de luns a venres, agás festivos.
No tocante aos Servizos Sociais, o número ao que se debe chamar para solicitar cita previa é o 988531076.
Así mesmo, está previsto instalar unha conserxería á entrada do concello, para informar e facilitar ao acceso ás dependencias municipais, mantendo a máxima seguridade no cumprimento das normas polo covid-19.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-implanta-cita-previa-obrigatoria-para-realizar-calquera-xestion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-implanta-cita-previa-obrigatoria-para-realizar-calquera-xestion
[3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño implanta a cita previa obrigatoria para realizar calquera xestión municipal, agás no rexistro e Policia Local http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-implanta-cita-previa-obrigatoria-para-realizar-calquera-xestion
[4] https://copecarballino.es/print/53871