Desenrolado por coroa.es
A área de Medio Ambiente do concello do Carballiño, que coordina a concelleira Rita Soto, procede dende hai máis dunha semana á limpeza e acondicionamento de beirarrúas, xardíns, zonas verdes e espazos públicos do casco urbano do Carballiño.
Trátase de seis peóns forestais e dous xardiñeiros, que se encargan dos xardíns e zonas verdes. Tres peóns forestais máis, da mancomunidade turística O Carballiño-O Ribeiro, que se ocupan do desbroce e acondicionamento dos sendeiros do río Arenteiro. E outros catro operarios do servizo de limpeza, que se encargan da limpeza viaria.
Neste período lévanse limpado os viais e espazos públicos, e acondicionado os xardíns e zonas verdes da Uceira, Avenida de Compostela, Castelao, Catro Camiños, rotonda da Casa Azul, Alameda, Praza Maior, Praza do Cercis, Veracruz, Auditorio e Avenida do Parque, entre outros lugares, e agora os traballos de acondicionamento centraranse no parque municipal e no resto das rúas da vila e tamén no rural, co obxectivo de que O Carballiño poda ofrecer a súa mellor imaxe durante a tempada de verán que comeza esta fin de s
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/area-de-medio-ambiente-incorpora-15-traballadores-para-realizar-labores-de-limpeza-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/area-de-medio-ambiente-incorpora-15-traballadores-para-realizar-labores-de-limpeza-e
[3] whatsapp://send?text=A Área de Medio Ambiente incorpora 15 traballadores para realizar labores de limpeza e acondicionamento de xardíns e zonas verdes http://copecarballino.es/novas/area-de-medio-ambiente-incorpora-15-traballadores-para-realizar-labores-de-limpeza-e
[4] https://copecarballino.es/print/53939