Desenrolado por coroa.es
A asociación ASPADISI ven traballando dende o ano 1995 pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectúal , e dende o ano 2016 ven xestionando o centro ocupacional que ocupa o edificio sito nunha parcela entre o auditorio e o paseo do río Arenteiro, ao que asisten na actualidade 24 persoas con discapacidade intelectúal das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Agora, a asociación plantexa novos retos, sen dúbida o máis ambicioso é a contrucción dunha residencia, tal como demandan as familias para a que sería atención integral dos usuarios.
Para avanzar neste e noutros obxetivos, ASPADISI ven de incorporar á súa Xunta Directiva a unha persoa con contrastada experiencia en diferentes ámbitos da xestión pública e privada, como é o caso de Manuel Amil Otero, o exdirector do IES nº 1, da Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas, coordenador dos centros sociocomunitarios na provincia, ex-concelleiro da corporación municipal e máis recentemente, vinculado a importantes grupos empresariais.
Amil xa viña colaborando dende fai anos con ASPADISI e agora aportará a súa experiencia como xestor ao servizo desta asociación.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aspadisi-incorpora-manuel-amil-xunta-directiva-pensando-en-afrontar-novos-retos-para-esta
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aspadisi-incorpora-manuel-amil-xunta-directiva-pensando-en-afrontar-novos-retos-para-esta
[3] whatsapp://send?text=ASPADISI incorpora a Manuel Amil á Xunta Directiva pensando en afrontar novos retos para esta asociación http://copecarballino.es/novas/aspadisi-incorpora-manuel-amil-xunta-directiva-pensando-en-afrontar-novos-retos-para-esta
[4] https://copecarballino.es/print/53976