Desenrolado por coroa.es
A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüistica do concello do Carballiño, que dirixe a concelleira Guadalupe Sobrado, finanza un campamento de verán para un total de 80 participantes, impartido pola empresa Mais Escola XXI.
É un servizo de balde, dirixido a nenos empadronados no Concello de entre 4 a 12 anos no que se ofertan diferentes actividades que permitan aproveitar o tempo de lecer dunha forma educativa, divertida e saudable, respetando as actuais normativas de prevención necesarias fronte ao Covid-19, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de todos as participantes. Habilitaranse dúas quendas; a primeira, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto e unha segunda dende o 10 de agosto ata o 28 de agosto.
Os interesados deberán recoller a folla de inscrición nos Servizos Sociais e presentala no Rexistro Municipal ou na sede electrónica do Concello a partir do martes, 14 de xullo e con data límite do xoves, 16 de xullo. A asignación de plazas será por rigorosa orde de entrada en dito Rexistro. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 988 531 076.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-contrata-empresa-mais-escola-xxi-organizacion-dun-campamento-de-veran-gratuito-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-contrata-empresa-mais-escola-xxi-organizacion-dun-campamento-de-veran-gratuito-para
[3] whatsapp://send?text=O concello contrata á empresa Máis Escola XXI a organización dun campamento de verán gratuíto para nenos de 4 a 12 anos http://copecarballino.es/novas/o-concello-contrata-empresa-mais-escola-xxi-organizacion-dun-campamento-de-veran-gratuito-para
[4] https://copecarballino.es/print/54057