Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Comarca do Carballiño súmase á maioria de Feijóo, Sube o BNG, manténse o PSOE e afúndese Podemos, que é superado por Espazo Común

12, Xullo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Partido Popular de Feijóo gaña estas eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 con claridade en todos os concellos da Comarca do Carballiño,  conseguindo o 61,99% dos votos válidos (8.681), en segunda posición na comarca quedan os socialistas (2.274 votos) e ascende á terceira posición o BNG (1.780 votos), xa a distancia a cuarta forza política da comarca nesta eleccións é a coalición na que participaba Espazo Común (514 votos).  Galicia en Común-Esquerda Unida-A Nova-Podemos afúndese tamén no ámbito comarcal (214 votos) mesmo superado por VOX (226 votos).

Feijóo obtén o mellor resultado en Beariz (86,55% dos votos), seguido de Boborás (75,65%) e O Irixo (74,69%), mentres que o concello con menor apoio aos populares é Punxín (52,64%)

Na capitalidade comarcal, no concello do Carballiño o Partido Popular acadou o apoio do 57,78% do electorado carballiñés (3.853 votos), moi por riba dos socialistas que retroceden lixeiramente en relación a fai catro anos,  siguen sendo segundos co 16,36% dos votos (1.091) pero seguidos por de preto polo BNG de Ana Pontón co 15,49% dos votos, que foron 1033.

Para ver os resultados concello a concello, tanto da comarca., como do resto da provincia e Galicia, preme no seguinte enlace: https://resultados2020.xunta.gal [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-sumase-maioria-de-feijoo-sube-o-bng-mantense-o-psoe-e-afundese-podemos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-sumase-maioria-de-feijoo-sube-o-bng-mantense-o-psoe-e-afundese-podemos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-sumase-maioria-de-feijoo-sube-o-bng-mantense-o-psoe-e-afundese-podemos [3] whatsapp://send?text=A Comarca do Carballiño súmase á maioria de Feijóo, Sube o BNG, manténse o PSOE e afúndese Podemos, que é superado por Espazo Común http://copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-sumase-maioria-de-feijoo-sube-o-bng-mantense-o-psoe-e-afundese-podemos [4] https://copecarballino.es/print/54071 [5] https://resultados2020.xunta.gal