Desenrolado por coroa.es
A programación cultural deste verán 2020 no Carballiño está condicionada polas medidas sanitarias de seguridade, separación e prevención polo covid 19, e por eso realizaranse ao aire libre, con aforo limitado e cumprindo escrupulosamente a normativa establecida para este tipo de actos.
Así, os espazos estarán pechados con vallas, haberá sillas, deberase acudir con mascarilla e lavarse as mans con hidroxel á entrada aos recintos. O aforo será limitado e desinfestarase o espazo e as sillas antes de cada actividade. Para elaborar este programa pensouse sobre todo nos nenos e no público familiar, así como nos adultos, coa intención de ofrecer unha alternativa de lecer para este verán pero tendo sempre en conta o cumprimento das medidas preventivas establecidas, para garantir a seguridade dos asistentes.
As actividades comezarán esta fin de semana e desenvolveranse ata finais do mes agosto. Espectáculos infantís e familiares, concertos de bandas e solistas locais, monicreques, teatro, maxia e un ciclo de cine no que se proxectarán catro películas, desenvolveranse en tres lugares diferentes, dependendo do tipo de acto: Praza Maior, Anfiteatro da Veracruz e Explanada dos Irmáns Prieto no parque municipal.
O ciclo de Cine na Rúa abrirase coa última película de Ignacio Vilar, María Solinha. Seguiralle a película de animación La gallina turuleca. E proxectaranse dúas das mellores e más premiadas películas do cine europeo e americano do último ano, como son Los Miserables e Yoker.
Para ver o programa completo e detallado preme no arquivo adxunto:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/musica-teatro-cine-e-espectaculos-infantis-no-veran-cultural-do-concello-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/musica-teatro-cine-e-espectaculos-infantis-no-veran-cultural-do-concello-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Música, teatro, cine e espectáculos infantís no verán cultural do concello do Carballiño: consulta aquí toda a programación. http://copecarballino.es/novas/musica-teatro-cine-e-espectaculos-infantis-no-veran-cultural-do-concello-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/54081
[5] https://copecarballino.es/sites/default/files/programacion_veran_cultural_2020.doc