Desenrolado por coroa.es
Semana de moita actividade nas oficinas do Estadio de Espiñedo polas que pasaron a maioría dos futbolístas que a pasada tempada defenderon a camisola verde, a xeito de entrevista cos novos dirixintes do club recibiron de primeira man a información das principais claves do novo proxecto deportivo para a vindeira tempada.
Non poideron achegarse a O Carballiño para esta cita por motivos personais ou mesmo por encontrarse de vacacións fora de Galicia, Rui Santos, Ross, Wadir e Javi Pazos. O resto da plantilla do ano pasado sí o fixeron e en todos os casos mostraron a súa dispoñiblidade para renovar a súa relación co club, pendientes de que se confirme o novo adestrador que sustituirá a Gelucho.
Asi as cousas, as únicas baixas confirmadas no equipo son as de Albertito e Borja Rey, que non esperaron ningunha posible oferta de renovación e fai dias que se comprometían con outros clubs, non foi o caso de Emilio que sí agardou coñecer o novo proxecto do Arenteiro, pero que descartou ao non poder compatibilizar os horarios do seu traballo coa actividade en Club Deportivo Arenteiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/emilio-albertito-e-borja-rey-primeiras-baixas-confirmadas-no-arenteiro-o-resto-da-plantilla
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/emilio-albertito-e-borja-rey-primeiras-baixas-confirmadas-no-arenteiro-o-resto-da-plantilla
[3] whatsapp://send?text=Emilio, Albertito e Borja Rey, primeiras baixas confirmadas no Arenteiro. O resto da plantilla mostra a súa dispoñibilidade para continuar. http://copecarballino.es/novas/emilio-albertito-e-borja-rey-primeiras-baixas-confirmadas-no-arenteiro-o-resto-da-plantilla
[4] https://copecarballino.es/print/54101