Desenrolado por coroa.es
O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".
A saída do tramo "O Carballiño" parte da localidade de Parada de Laviote, no concello do Irixo, e os participantes terán que mostrar as súas habilidadades nunha estrada con especial encanto para os afeccionados ao automobilismo, sobre todo na zona da capela da Saleta, antes os espectadores poderán seguir o paso do rallye ao seu paso polas localidades de Fontes, Barcia, Reádigos, Ventosa, Prado, Xurenzás, e Fondo de Vila, na parroquia de Astureses. Tamén é todo un clásico no automobilismo o tramo entre "Amoeiro-Maside".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-rallye-de-ourense-volve-ter-dous-dos-seus-tramos-na-comarca-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-rallye-de-ourense-volve-ter-dous-dos-seus-tramos-na-comarca-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=O Rallye de Ourense volve ter dous dos seus tramos na comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-rallye-de-ourense-volve-ter-dous-dos-seus-tramos-na-comarca-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/54115