Desenrolado por coroa.es
Unha vintena de nenos e nenas, entre os 4 e os 12 anos, participan na primeira quenda do campamento de verán do concello, que organiza dun xeito totalmente gratuito a concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Servizo de Normalización Lingüística.
A concelleira que dirixe esta área, Guadalupe Sobrado, realizou esta mañá unha visita ao campamento e participou nalgunhas das actividades.
Desde o pasado 20 de xullo e ata o 7 de agosto, en horario de 09,00 a 14,00 h., os monitores de Máis Escola realizan diversas actividades creativas e xogos, que se desenvolven, con todas as medidas de seguridade e prevención ante o covid 19, nas instalacións de Bo Día Familia e no Parque Municipal.
O bo tempo que se está a ter neste mes de xullo contribúe a que moitas destas actividades e xogos se poidan realizar ao aire libre no entorno natural do parque municipal do Carballiño.
A segunda quenda deste campamento tera lugar do 10 ao 28 de agosto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parque-municipal-acolle-maioria-das-actividades-do-campamento-de-veran-organizado-polo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parque-municipal-acolle-maioria-das-actividades-do-campamento-de-veran-organizado-polo
[3] whatsapp://send?text=O Parque Municipal acolle a maioria das actividades do campamento de verán organizado polo concello http://copecarballino.es/novas/o-parque-municipal-acolle-maioria-das-actividades-do-campamento-de-veran-organizado-polo
[4] https://copecarballino.es/print/54118