Desenrolado por coroa.es
Nove participantes no procedemento que ven de levar a cabo o concello do Carballiño para a contratación de operarios de limpeza viaria no concello do Carballiño veñen de presentar unha reclamación conxunta contra a resolución publicada polo concello ao entender que se cometeron irregularidades "coa valoración que se fixo da documentación aportada por todos os aspirantes".
Manifestan o seu desacordo e mediante un escrito asinado por nove dos aspirantes que participaron neste proceso selectivo para a contratación como varredores no concello carballiñés presentado no rexistro municipal piden "que se revisen de novo todas as valoracións e que se aplique o mesmo tratoa todos os participantes sen discriminación nin favoritismos".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/reclaman-revision-das-notas-no-procedemento-de-contratacion-de-varredores-no-concello-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/reclaman-revision-das-notas-no-procedemento-de-contratacion-de-varredores-no-concello-do
[3] whatsapp://send?text=Reclaman a revisión das notas no procedemento de contratación de varredores no concello do Carballiño tras advertir
[4] https://copecarballino.es/print/54127