Desenrolado por coroa.es
Dúas persoas veciñas do Carballiño relacionadas cun caso positivo de Covid-19 que foi detectado tras realizarlle unha PCR preventiva, tamén deron resultado positivo, según informaron fontes sanitarias, as tres persoas afectadas encóntranse no seu domicilio no Carballiño e con seguimento sanitario.
Trátase do primeiro caso que se da na Área Sanitaria de Ourense e que se detecta a través dunha PCR realizada a unha persoa procedente de Santo Domingo, capital da República Dominicana, unha persoa inscrita no novo rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Xunta de Galicia. Tras confirmase este caso positivo, Sanidade realizou un rastreo dos seus contactos máis estreitos, e como consecuencia do mesmo, confirmaronse estes outros dous casos positivos, que son familiares directos e residentes no Carballiño.
O resto dos contactos aos que xa lle foi practicada a PCR deron todos eles resultado negativo, pero deberán gardar unha cuarentena de 14 dias, e con seguimento diario por parte de Sanidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/sanidade-confirma-un-brote-familiar-con-tres-positivos-que-permanecen-en-seguimento
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/sanidade-confirma-un-brote-familiar-con-tres-positivos-que-permanecen-en-seguimento
[3] whatsapp://send?text=Sanidade confirma un brote familiar con tres positivos, que permanecen en seguimento domiciliario no Carballiño. Todos os contactos próximos deron negativo nas PCR realizadas. http://copecarballino.es/novas/sanidade-confirma-un-brote-familiar-con-tres-positivos-que-permanecen-en-seguimento
[4] https://copecarballino.es/print/54170