Desenrolado por coroa.es
Chega procedente do Coruxo, co equipo vigués participou na pasada tempada en 20 partidos na Segunda-B, a tempada anterior marcou 24 goles co Arousa en terceira, o Arenteiro faise cos servizos doutro futbolísta recoñecido no fútbol galego, o dianteiro senegalés Sylla.
Foi un dos primeiros obxetivos do club, fai máis dun mes que comezaron as negociacións en Pontevedra, a súa cidade de residencia, e finalmente culminaban con éxito, e Sylla convertíase este mércores 19 de Agosto en novo xogador do Arenteiro.
Non é a única incorporación ao novo proxecto verde que ven de fraguarse nos últimos dias, tamén veñen de comprometerse co Arenteiro para a próxima tempada Victor Eimil, que chega para reforzar a liña defensiva dende o Deportivo Fabril, un fútbolista de 21 anos e con moito futuro por diante, asi como o centrocampista Martín Torres, que foi un dos xogadores importantes do último ano no Barbadás.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-confirma-fichaxe-do-dianteiro-sylla-o-club-tamen-incorpora-victor-eimil-e-martin
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-confirma-fichaxe-do-dianteiro-sylla-o-club-tamen-incorpora-victor-eimil-e-martin
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro confirma a fichaxe do dianteiro Sylla, o club tamén incorpora a Victor Eimil e Martín Torres http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-confirma-fichaxe-do-dianteiro-sylla-o-club-tamen-incorpora-victor-eimil-e-martin
[4] https://copecarballino.es/print/54253