Desenrolado por coroa.es
En tempos de pandemia, toda precaución é pouca e ahí non hai lugar á discrepancia. Non obstante, semella que unha vez máis todas as olladas tornan cara o mesmo lugar no noso benquerido pobo. A xuventude é obxecto de crítica constante faga o que faga, e neste caso no ía ser diferente.
Despois do famoso “brote xuvenil” formado por xente de “entre 53 e 42 anos” e as decenas de críticas en redes sociais á mocidade pola sua inconsciencia e despreocupación, non son quen de saír do meu asombro. Disque a xente adulta somos máis responsables cando imos de vacacións fora de Galicia, cando nos xuntamos en paparota cos amigos, cando despois de traballar cara ó público imos tomar a chiquita ou mesmo cando nos sentamos en calquera terraza da ateigada rúa principal.
E por se este exercicio de hipocresía non fose de abondo, o peche da Pista Roxa no día de onte remata por demostrar a incomprensión xeralizada da nosa xuventude pola sociedade en xeral, e polo goberno local en particular. Os riscos de contaxio durante a práctica deportiva están ahí e a ninguén se lle ocurriría poñelo en dúbida, pero, cal é a alternativa de ocio para os cativos se non poden facer deporte? Alguén considera que impedir a práctica deportiva ó aire libre vai facer que estes grupos de rapaces deixen de xuntarse? E o que é peor, este mesmo grupo de rapaces pode alquilar o pavillón municipal, previo pago da sua cuota e facer exactamente o mesmo que fai na Pista Roxa.
Así, polo tanto, semella que a conclusión é evidente. A única diferencia entre a temeridade da xuventude e o suposto ben facer dos adultos son os cartos. Os adultos consumimos e iso danos dereito a facer. Os rapaces non pagan e polo tanto non teñen dereitos. E esta realidade levanos directamente a una pregunta máis profunda que subxace en todo este escrito. ¿Qué condición prevalece na actualidade? A de ciudadán ou a de consumidor/cliente?
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-xuventude
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-xuventude
[3] whatsapp://send?text=En defensa da Xuventude. http://copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-xuventude
[4] https://copecarballino.es/print/54326