Desenrolado por coroa.es
Ninguén recorda no Carballiño un 17 de Setembro como o deste ano 2020, e nesta situación motivada pola pandemia, sen ningunha actividade festiva no dia no que se celebra a festividade do patrón do Carballiño, San Cibrao.
O concello do Carballiño renunciou a organizar actividade algunha nesta data que, non obstante, é dia festivo de carácter local no municipio. A única actividade anunciada dende o concello é o recoñecemento institucional que se fará ao sacerdote Xosé Benito Sieiro, recentemente xubilado tras exercer durante 30 anos como párrroco de San Cibrao do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega farálle entrega dunha placa e unha reproducción en miniatura do Templo da Veracruz, este acto terá lugar no propio Templo da Veracruz coincidindo coa misa solemne de San Cibrao que comezará ás 11:30 da mañá.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-17-de-setembro-inedito-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibrao-sen-ningunha
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-17-de-setembro-inedito-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibrao-sen-ningunha
[3] whatsapp://send?text=Un 17 de Setembro inédito: O Carballiño celebra o dia do patrón San Cibrao sen ningunha actividade festiva, con misa solemne na Veracruz e homenaxe a Xosé Benito Sieiro http://copecarballino.es/novas/un-17-de-setembro-inedito-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibrao-sen-ningunha
[4] https://copecarballino.es/print/54410