Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Galicia licitou a segunda fase da restauración do reloxo mecánico e do campanario de forxa do mosteiro de San Clodio, no concello de Leiro.
Con esta actuación, que a Xunta valorou en 30.000 euros, preténdese devolver a funcionalidade ao reloxo, como elemento sonoro, e supoñerá unha mellora estrutural deste ben catalogado do século XVIII. Estes traballos de restauración xa saíron a licitación en novembro de 2019, pero a adxudicación dos mesmos quedou deserta.
Se nesta ocasión son adxudicados, a empresa adxudicataria terá tres meses para realizalos, dando continuidade aos traballos levados a cabo en 2017, cando se retirou a capa de óxido que cubría o reloxo e que ocultaba as inscricións históricas que posúe. A actuación enmárcase na colaboración que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén coa Diocese de Ourense para a conservación de inmobles eclesiásticos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-volve-licitar-restauracion-do-reloxo-e-do-campanario-da-igrexa-do-mosteiro-de-san-clodio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-volve-licitar-restauracion-do-reloxo-e-do-campanario-da-igrexa-do-mosteiro-de-san-clodio
[3] whatsapp://send?text=A Xunta volve licitar a restauracion do reloxo e do campanario da igrexa do mosteiro de San Clodio http://copecarballino.es/novas/xunta-volve-licitar-restauracion-do-reloxo-e-do-campanario-da-igrexa-do-mosteiro-de-san-clodio
[4] https://copecarballino.es/print/54477