Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño e todos os concellos da área Ribeiro-O Carballiño con restricións dende as 00:00 horas deste xoves dia 8: prohibídas as reunións de non convivintes, comercio e hostelería co 50% de aforo e non se poderá consumir en barra

6, Outubro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás. Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non conviventes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor desde o pasado venres.

O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona. Deste xeito, queda restrinxida a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás, polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Así mesmo nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e Valdeorras. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00,00 horas do vindeiro xoves. 

É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-carballino-e-todos-os-concellos-da-area-ribeiro-o-carballino-con-restricions-dende-0000

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-e-todos-os-concellos-da-area-ribeiro-o-carballino-con-restricions-dende-0000 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-e-todos-os-concellos-da-area-ribeiro-o-carballino-con-restricions-dende-0000 [3] whatsapp://send?text=O Carballiño e todos os concellos da área Ribeiro-O Carballiño con restricións dende as 00:00 horas deste xoves dia 8: prohibídas as reunións de non convivintes, comercio e hostelería co 50% de aforo e non se poderá consumir en barra http://copecarballino.es/novas/o-carballino-e-todos-os-concellos-da-area-ribeiro-o-carballino-con-restricions-dende-0000 [4] https://copecarballino.es/print/54520