Desenrolado por coroa.es
Acabo de ler a denuncia na que se acusa a Fumega de "non enterarse" por decir que se está a estudiar o peche do colexio. Asisto atónito además a certos comentarios en redes sociais nos que se ven a decir que non se pode criminalizar os mozos que fieron festas clandestinas, xa que prácticamente todos facemos algo mal. Vexo tamén manifestacións de propietarios de bares en Ourense en contra das medidas da Xunta de Galicia nesa cidade. O desbarre do alcalde de Barbadás que di que a Valenzá non é Ourense (¿Será a lua?), e está en contra do peche do seu pobo. E non dou crédito... Está ben certo que neste país é ben máis fácil votarlle a culpa os políticos, que pensar na culpa que temos cada un de nos.
Pero señores, por moita PCR e rastrexo que se faga, por moita UCI que se habilite, nada será suficiente sen a responsabilidade indivudial. Por suposto que un pode ir o supermercado con toda precaución e enfermar alí, tamén lle pode pasar nunha visita médica ou polo cuidador do servicio a domicilio. Incluso por que o teu fillo o colla no cole. Non hai que criminalizar estes casos, é posible que a moitos nos chegue a pasar. Pero sintoo, si un enferma por irse de cañas, a culpa non é de Feijoo nin de Fumega, a culpa é del por irse de cañas. Si un fai unha festa nun baixo, e nunha semana morre o teu avó ou a túa aboa, a culpa é túa, nin de Feijoo, nin de Fumega nin de Sanchez. O que hoxe está a suceder no Carballiño é resultado dos meses de verán nos que as terrazas da rúa principal estaban cheas a rebosar, con xente de vinte anos sen máscara, pero tamén con xente de máis de ochenta sen ela. Son resultado das comidas familiares, das visitas dos que veñen de Madrid ou Cataluña, pero tamen de Ourense ou da Coruña. De non entender que non se pode interaccionar sen máscara se non convives, por moito que non esté prohibido (tampouco está prohibido tirarse por unha ponte abaixo...). Hoxe está medio pobo pechado, asistindo a unha debacle sanitaria e económica que deixará mortos e peches de negocios por diante. E señores, a culpa non é nin de Fumega, nin de Feijoo, nin de Sanchez. A culpa é da nosa irresponsabilidde individual, de non ser capaz de asumir que temos que cambiar a nosa forma de vida uns meses, de comportándonos coma novos ricos que non somos capaces de renunciar á nosa vida social uns meses. E sinto polos que enfermen ou enfermemos (xa digo que a todos nos pode tocar) a pesares de cumprir coas medidas sanitarias, para eles non vai esta mensaxe.
E por último, eu quero agradecer os políticos que toman decisions, inda que sexan dolorosas como o peche de Ourense, pero que salvarán vidas. A única critica que se lles pode facer é que chegue tarde. Espero que os dirixentes sigan sendo valentes para tomar este tipo de decisións, e que os hosteleiros que hoxe están a vivir unha situacion tan compricada, pois que cando volvan a abrir non se olviden de esto, e contribuan a que non volva a pasar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/temos-o-que-nos-merecemos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/temos-o-que-nos-merecemos
[3] whatsapp://send?text=Temos o que nos merecemos. http://copecarballino.es/denunciacidada/temos-o-que-nos-merecemos
[4] https://copecarballino.es/print/54537