Desenrolado por coroa.es
Vexo moito comentario aquí sobre os parques infantis, sobre os colexios, sobre o papel da Xunta e do Concello neste tema... Pois o problema que temos é que non entendemos ou non queremos entender os datos. A maioría dos contaxios NON se producen nos entornos laborais, nin neste mes que levamos de colexios en Galicia, ten habido contaxio comunitario nos centros. Tampouco se coñece unha gran incidencia por pechar ou abrir os parques infantís (de feito no último decreto de estado de alarma en Madrid se deixan os parques abertos, pero si se restrinxe comercio e hostelería), e non hai xustificación en que os concello os manteña pechados dende marzo.
A maior parte dos contaxios en Galicia, e en particular en Ourense e no Carballiño, teñen orixe en reunions familiares e sociais entre non convivintes. É dicir, en quedar con xente coa que non vives a tomar unhas cervexas nun bar, en invitar a uns amigos a cenar a casa, nos primos que viven en Madrid, A Coruña ou Vigo e veñen a comer con nos o sábado, ou os colegas que se xuntan nun baixo o sábado a noite a facer botellón. En todos estos casos nos relacionamos sin máscaras, en espacios pechados e sen distancia. ¡Neste tipo de interaccions sociais están os principais problemas!, e por eso, si a xente non toma consciencia, é necesario restrinxir os bares, restaurantes e o ocio nocturno, si non queremos ter mortos por decenas en breve, na nosa comarca. Pero con eso non chega, os cidadáns non podemos cambiar os bares polas nosas casas, por que entón o problema sigue ahí, e estamos arruinando os propietaros dos locais para non conseguir nada. E repito, non votemos a culpa os políticos que toman decisións para parar esto, votemosnos a culpa, cada un de nos, ós actos imprudentes que levamos feito nos últimos meses.
E para o que entendeu o meu anterior comentario como unha defensa do Alcalde, nin son o Fumega nin amigo del. É mais, coincido contigo en que é probablemente o peor Alcalde que recordo do Carballiño, e xa recordo uns cuantos. Pero dentro da súa culpa, que a ten en canto a situacion de abandono do noso pobo ou o ridículo coas axuda COVID, non está o obrigar a ninguén a ir a un bar ou a facer botellón. Non nos amparemos baixo a responsabilidade dos políticos para non cumpir coa nosa propia responsabilidade como cidadáns.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/si-temos-o-que-merecemos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/si-temos-o-que-merecemos
[3] whatsapp://send?text=Si, temos o que merecemos http://copecarballino.es/denunciacidada/si-temos-o-que-merecemos
[4] https://copecarballino.es/print/54549