Desenrolado por coroa.es
O Partido Popular fai un relato cronolóxico e recorda que "dende principios de outubro do presente ano, ante o avance de casos de COVID-19 no Concello do Carballiño, o noso municipio está a padecer unhas restricións en sectores prioritarios da nosa sociedade que están sendo asumidos estritamente por tódolos negocios afectados e pola poboación en xeral".
Afirman que "a día de hoxe vemos como aos Concellos do Carballiño xunto cos Concellos de Boborás e O Irixo, se lles decreta maiores restricións, podendo dicirse que son en conxunto os tres Concellos con maiores medidas restritivas para facer fronte ao COVID-19 do conxunto de toda España.
Somos e temos que ser respectuosos e cumpridores nas medidas que se indican como necesarias para frear o avance de contaxios no noso pobo e de feito estámolo sendo, pois somos sabedores que se toman por un comité composto `por profesionais que detectan puntos críticos e poñen medidas en función de parámetros concretos".
Os populares manifestan "que como Concello esteamos pendentes da situación económico-social que este xera no noso pobo principalmente aos sectores máis afectados como pode ser a hostalaría, restauración, hoteis e comercio e non debemos deixar de ser reivindicativos para trasladar a nosa preocupación e que esta se transforme en medidas concretas de apoio económico para que as restricións que se plantexan urxentes e prioritarias non sexan xeradoras de situacións económicas irreversibles en moitos negocios".
Finalmente, e tras esta exposición de motivos, completan a súa moción que agardan tratar no próximo pleno que celebre a corporación municipal "baixo a premisa de cumprimento de normas impostas por emerxencia sanitaria debemos de solicitar medidas económicas que acompañen aos nosos sectores afectados", e propoñen os seguintes acordos:
PRIMEIRO: Que o Concello do Carballiño, solicite á Xunta de Galicia medidas de acompañamento económico en apoio aos sectores máis afectados polas derradeiras medidas de restricións motivadas pola Pandemia do COVID-19 no Carballiño.
SEGUNDO: Que o Concello do Carballiño envíe copia deste acordo aos Concellos do Irixo e Boborás
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-rexistra-unha-mocion-na-que-pide-ao-concello-do-carballino-que-solicite
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-rexistra-unha-mocion-na-que-pide-ao-concello-do-carballino-que-solicite
[3] whatsapp://send?text=O Partido Popular rexistra unha moción na que pide ao concello do Carballiño que solicite medidas económicas á Xunta de apoio ás restricións sanitarias http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-rexistra-unha-mocion-na-que-pide-ao-concello-do-carballino-que-solicite
[4] https://copecarballino.es/print/54625