Desenrolado por coroa.es
O partido correspondente á segunda xornada da liga en terceira división non pode xogarse en Espiñedo polas restricións que afectan a O Carballiño, e desta maneira Xunta e RFFG autorizaron a súa celebración no campo da Regueiriña de Barbantes, dende as 16:30 horas deste domingo 25 de Outubro.
Ao estar restrinxida a mobilidade para os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, o partido xogaráse finalmente sen público, a porta pechada, aínda que todos os afeccionados verdes poderán seguilo en directo con sinal televisada polas redes sociais de Club Deportivo Arenteiro.
No aspecto deportivo, o Arenteiro chega a este partido despois do seu brillante debut ligueiro do pasado domingo en Vilagarcia, onde conseguiu sumar os tres primeiros puntos ante o Arousa. Tras esta semana de adestramentos, os últimos 3 no campo do Lodairo de Cea, por non poder facélo na Uceira, o equipo non presenta novidades, xa que moi probablemente Fran Justo tampouco poderá contar para este partido con Mariña, Joni e Sylla, que continúan recuperandose. Si que poderá xa entrar na convocatoria Renan Zanelli, unha vez que cumpriu a sanción dun partido que tiña pendiente.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-obrigado-xogar-ante-o-ourense-en-barbantes-debido-situacion-epidemioloxica-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-obrigado-xogar-ante-o-ourense-en-barbantes-debido-situacion-epidemioloxica-do
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro obrigado a xogar ante o Ourense en Barbantes, debido á situación epidemiolóxica do Carballiño. O partido será a porta pechada e televisado polas redes sociais do club. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-obrigado-xogar-ante-o-ourense-en-barbantes-debido-situacion-epidemioloxica-do
[4] https://copecarballino.es/print/54643