Desenrolado por coroa.es
A mellora da pista de acceso e do aparcamento das piscinas municipais, é un dos tres lotes de obras que adxudicou hoxe o concello do Carballiño por un importe global de máis de 92.000 euros.
Este proxecto, que acondicionar e asfaltar tanto o firme do camiño de acceso dende a ponte de Veiga como do aparcamento, enmárcase nos Plans Provinciais 2020, e foille adxudicado á empresa constructora Fechi por un importe de 27.637 euros, ive incluido. O prezo da licitación era de 36.000 euros.
Trátase dunha obra moi necesaria para esta instalación municipal que, durante a tempada de verán rexistra unha gran afluencia de vehículos, e ata agora era unha pista mal acondicionada, así como a zona de aparcamento, e que con esta mellora cambiarán moi significativamente.
Outra obra moi necesaria no ámbito do rural é a mellora do firme da estrada entre Mudelos e Paciños, ata a zona da Carballeira. O proxecto, que se enmarca tamén nos Plans Provinciais 2020, foille adxudicado asemade á empresa contructora Fechi por un importe de 45.090 euros, ive incluido. O prezo de licitación desta obra era de 60.000 euros.
Finalmente, o concello adxudicou á empresa constructora Vale a obra de mellora do firme de Pol a Zafra, que se enmarca no Plan de Mellora de Camiños Agader, da Xunta de Galicia, por un importe de 27.442 euros, ive incluido. O prezo de licitación era de 36.000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-adxudica-mellora-do-acceso-piscinas-e-obras-de-acondicionamento-de-caminos-nas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-adxudica-mellora-do-acceso-piscinas-e-obras-de-acondicionamento-de-caminos-nas
[3] whatsapp://send?text=O concello adxudica a mellora do acceso ás piscinas e obras de acondicionamento de camiños nas parroquias de Mudelos e A Piteira http://copecarballino.es/novas/o-concello-adxudica-mellora-do-acceso-piscinas-e-obras-de-acondicionamento-de-caminos-nas
[4] https://copecarballino.es/print/54645