Desenrolado por coroa.es
Luz verde para o regreso do Arenteiro a Espiñedo tras verse obrigado a xogar co Ourense CF en Barbantes, debido ás restricións no Carballiño por culpa do coronavirus, este domingo (16.30 horas) poderá facélo en Espiñedo, e con público, pero con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que a Xunta podería autorizar unha ampliación a 150.
O club comunicará a través das súas RRSS de qué maneira vai repartir entre os socios as 75 entradas inicialmente dispoñibles para este encontro que xogará ante a UD Atios na cuarta xornada da terceira división, e que os verdes afrontan como o líder da categoria. A boa noticia é que a TVG retransmitirá integramente o partido na súa páxina WEB, ademáis de conexións intermites en directo a través do carrusel da TVG-2, que o Arenteiro-Atios compartirá co Barco- Arousa e Bergantiños-Vilalbés.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-este-domingo-espinedo-con-aforo-superreducido-o-partido-ante-ud-atios-sera
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-este-domingo-espinedo-con-aforo-superreducido-o-partido-ante-ud-atios-sera
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro regresa este domingo a Espiñedo, con aforo superreducido. O partido ante a U.D. Atios será retransmitido na WEB e na segunda canle da TVG. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-este-domingo-espinedo-con-aforo-superreducido-o-partido-ante-ud-atios-sera
[4] https://copecarballino.es/print/54731