Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal de Espazo Común no concello carballiñés afirma "que dende que chegou á alcaldía no ano 2015, Fumega reservouse para sí mesmo o control absoluto das áreas de Urbanismo e Obras. Nestes xa máis de cinco anos, a inversión feita por estes departamentos é sustanciosa, sen embargo, as máis das veces, os resultados finais non van en consonacia co gasto realizado", aseveran.
E como exemplos poñen os seguintes:
-A rúa Aquilino Sánchez foi “arranxada hai apenas dous anos cun investimento de 120.000 € que foron contratados cunha empresa da provincia de Pontevedra. Tan só uns meses despois, comezaron os afundimentos e, a día de hoxe, está parcialmente pechada porque un dos carrís supón un perigo absoluto".
-O parque infantil da Alameda "recibiu unha reforma valorada en 170.000 € repartidos en dúas fases, a segunda delas, a de máis importe, foi contratada tamén cunha empresa da provincia de Pontevedra. Xa son de sobra coñecidos os retrasos na súa execución, co conseguinte perxuizo para os negocios do entorno e os usuarios e absurdos como a retirada ou non retirada das pirámides. A conclusión para moitos veciños foi que o resultado final non se corresponde demasiado co gasto feito dende as arcas públicas".
-As rúas que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa Avenida do Balneario, foron “melloradas” cunha inversión de 270.000 €, "como non contratados cunha empresa da provincia de Pontevedra. As chapuzas, os retrasos e a improvisación están aínda frescos na memoria de toda a veciñanza".
-A rúa Saleta e adxacentes "tamén padeceron o sistema Fumega de obrar. Había un proxecto prometido aos veciños, licitouse outro e executouse outro diferente. Por suposto non fai falla dicir de que provincia foi a empresa adxudicataria que levou 124.000 €", aeguran.
Espazo Común manifesta como "realmente necesario facer unha análise de que está a fallar na xestión dos cartos públicos á hora de contratar obras que son de vital importancia e que, de seguir por este camiño, o único que van supor é un maior gasto futuro para arranxar os arranxos de Fumega", e por para elo pretenden que se realice unha auditoria externa "para detectar os erros e correxilos de inmediato".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-quere-investigar-ao-alcalde-fumega-polas-obras-contratadas-nos-ultimos-anos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-quere-investigar-ao-alcalde-fumega-polas-obras-contratadas-nos-ultimos-anos
[3] whatsapp://send?text=Espazo Común quere investigar ao alcalde Fumega polas obras contratadas nos últimos anos: demanda unha auditoria externa. http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-quere-investigar-ao-alcalde-fumega-polas-obras-contratadas-nos-ultimos-anos
[4] https://copecarballino.es/print/54754