Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > 13 Novembro: A Xunta mantén as mesmas restriciós para O Carballiño, a pesar da melloría da situación epidemiolóxica. A comarca ten hoxe 62 contaxios activos, 12 menos que onte.

13, Novembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O comité clínico non contempla de momento cámbeos para as restriciós que dende mediados de Outubro están en vigor no Carballiño, a decisión anunciouse tras a reunión que celebrou este venres.

Nunha comparecencia posterior. o Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, preguntado sobre sobre a posibilidade de levantar as restriciós no Carballiño (mobilidade reducida ao propio municipio e actividades non esencias suspendidas) dixo que cando se adoptaron as medidas era co propósito "dun intento de reseteo do sistema sanitario" e que "sempre se falou dun marco de referencia de catro semanas", e engadíu que "non é o momento de levantar restriciós".

Non obstante, a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán admitíu que "en O Carballiño á tendencia é moi descendente, porque a semana pasada a incidencia a sete dias era de 113 e hoxe é de 64, e a 14 días era de 357 e agora está en 180". De feito, esta melloría tamén se reflicte no Semáforo Covid do Sergas, que esta semana rebaixou o nivel de alerta no Carballiño a amarelo, nivel 1, no indicador a 7 dias, o que siñifica que durante a última semana detectáronse entre 7 e 14 novos contaxios confirmados con PCR.

No datos diarios relativos a novos contaxios, no informe deste venres dia 13 de Novembro a comarca carballiñesa rexistra un descenso de 12 casos activos, O Carballiño (-4) Cea (-4) Boborás (-3) Maside (-1) Mentres que non hai variacións no resto dos concellos, que rexistran hoxe os mesmos casos que onte.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/13-novembro-xunta-manten-mesmas-restricios-para-o-carballino-pesar-da-melloria-da-situacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/13-novembro-xunta-manten-mesmas-restricios-para-o-carballino-pesar-da-melloria-da-situacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/13-novembro-xunta-manten-mesmas-restricios-para-o-carballino-pesar-da-melloria-da-situacion [3] whatsapp://send?text=13 Novembro: A Xunta mantén as mesmas restriciós para O Carballiño, a pesar da melloría da situación epidemiolóxica. A comarca ten hoxe 62 contaxios activos, 12 menos que onte. http://copecarballino.es/novas/13-novembro-xunta-manten-mesmas-restricios-para-o-carballino-pesar-da-melloria-da-situacion [4] https://copecarballino.es/print/54778