Desenrolado por coroa.es
Xa se pode visitar o novo mirador da Pena dos Namorados, situado no alto deste emprazamento de interese arqueolóxico e paisaxístico no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, fronte á antiga fábrica de papel da Lavandeira e a carón das pallozas do camping municipal.
Un sendeiro, unha pasarela e unha escaleira de madeira conducen ao cumio deste lugar caracterizado por estar coroado por unha gran rocha, que diu pé a diversas lendas, e que se atopa nunha zona de interese arqueolóxico e na que houbo unha torre na Idade Media, según considera o arqueólogo Joge Lamas, responsable da área de arqueoloxía do Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Asimesmo, rehabilitouse o mirador-área de descanso que xa existía, melloráronse os accesos con sendeiros e colocáronse sinais informativas.
Este proxecto, que contou co financiamento de Turismo da Xunta de Galicia, incrementará o interese desta zona turística do Carballiño, que se revalorizará tras a reforma para a reapertura do Muíño das Lousas, que ten previsto levar a cabo a empresa hostaleira O Barazal, adxudicataria do concurso para a súa explotación.
Tamén se levarán a cabo diversas melloras no camping municipal e concluir o edificio da recepción da fábrica de papel da Lavandeira.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/remata-o-acondicionamento-dos-accesos-e-sinalizacion-do-mirador-da-pena-dos-namorados
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/remata-o-acondicionamento-dos-accesos-e-sinalizacion-do-mirador-da-pena-dos-namorados
[3] whatsapp://send?text=Remata o acondicionamento dos accesos e sinalización do mirador da Pena dos Namorados http://copecarballino.es/novas/remata-o-acondicionamento-dos-accesos-e-sinalizacion-do-mirador-da-pena-dos-namorados
[4] https://copecarballino.es/print/54792