Desenrolado por coroa.es
A petición de Espazo Común, que levará o pleno da Corporación Municipal, chega nun momento no que "a crise do COVID-19 está a cebarse de xeito salvaxe co Carballiño que leva xa máis tempo con restriccións de extrema dureza ca ningún outro sitio de Galicia".
Fan referencia á situación concreta que vieven a hostalaría case pechada por completo e os comercios sufrindo a baixada de clientes de xeito angustioso. O resto de sectores, desgraciadamente, tamén se ven afectados polo freazo en seco que todo esto supón para a actividade económica.
Neste complicado contexto, o grupo municipal de Espazo Común entende que "semellaría lóxico que o Concello fíxera tódolos gastos que fose posible en empresas locais para tentar paliar ese desfondamento. Nun mundo normal, con xestores normais, sería fácil apreciar o valor desta medida como factor de apoio real aos negocios do pobo".
Espazo Común manifesta a súa contrariedade cun "goberno caótico e alonxado da realidade social, o alcalde Fumega e o seu grupo, seguen mercando e contratando maioritariamente con empresas de fóra do Carballiño servizos e produtos dos que dispoñen negocios locais".
Asemade, recordan qu xa non é primeira vez que fan esta advertencia "o ano pasado co exemplo do dato de que das 54 empresas convidadas polo rexedor a presentar proxectos, só 17 eran do Carballiño, a tendencia semella que non só non mellora, se non que tende a agravarse".
Finalmenente, dende Espazo Común anuncian que levará a pleno unha moción "para tentar facer obrigado, na medida do posible, que o Concello faga os seus gastos con empresas do Carballiño".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-levara-pleno-unha-mocion-para-que-compras-e-contratacions-do-concello-se-fagan
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-levara-pleno-unha-mocion-para-que-compras-e-contratacions-do-concello-se-fagan
[3] whatsapp://send?text=Espazo Común levará a pleno unha moción
[4] https://copecarballino.es/print/54796